Benvidos ás Novas Xeracións do Partido Popular de Lugo Provincia

Fernando Carreiras asumiu a responsabilidade de coordinar as xuntas locais da Terra Chá

A constitución da xunta comarcal celebrouse o venres, en Cospeito, durante un acto no que participaron os presidentes rexional e provincial de NN.XX, Javier Dorado e Daniel Vega, respectivamente

 

Novas Xeracións segue a reforzar a súa presenza e actividade o longo da provincia na busqueda dunha maior cercanía os problemas e inquedanzas dos máis novos.

Escola de formación "Manuel Fraga" en Vilalba

O programa da actividade acollía ponencias sobre os sectores lucenses máis representativos como son o forestal, o agrario, o marítimo e o pesqueiro

 

A Escola de Formación deu inicio coa mesa redonda "Toda unha vida", adicada a Fraga moderada polo presidente provincial Daniel Vega.

 

Contou, entre outros, coa presenza do conselleiro de Contas de Galicia, Xesús Palmou; o expresidente da Xunta, Gerardo Fernández Albor; o expresidente do Parlamento, José María García Leira; o portavoz do PP de Galicia, Pedro Puy Fraga; e o deputado autonómico, Agustín Bahamonde.

NN.XX. mantivo unha xuntanza con afiliados de Chantada e Carballedo

Daniel Vega con afiliados de Chantada e Carballedo Daniel Vega con afiliados de Chantada e Carballedo

O presidente provincial, Daniel Vega, mantivo unha xuntaza con afilidos de Novas Xeracións de Chantada e Carballedo co fin de establecer liñas de comunicación constante entre todas as agrupacións de Novas Xeracións da provincia. No encontro afondouse sobre o traballo que se está a realizar desde a dirección provincial e sobre o calendario neste comezo de ano.

Tamén serviu de punto de partida para á renovación da xunta local co fin de reforzar todos os puntos da nosa provincia e así poder "achegarnos cada día máis os mozos e mozas e ós seus problemas e inquedanzas."

Campañas

Continuamos a Campaña de Afiliación "Seguimos Xerando Ilusións", xa son moitos os mozos e mozas que deron un paso adiante e afiliaronse a Novas Xeracións de Lugo para defender os intereses da xuventude lucense.

 

Se tes inquedanzas sobre o teu papel na sociedade, se cres que hai moito que cambiar nas políticas xuvenís da provincia, se querés poñer voz as tuas preocupacións, non o penses máis, afíliate a Novas Xeracións de Lugo e comeza a colaborar con nós neste proxecto.

 

Estaremos o próximo sábado 29 de Xaneiro en Lugo de 17 a 20h, para máis datos ponte en contacto con nós através do correo nnxxprovincial.lugo@gmail.com

 

 

Coñece as nosas campañas

Recomendar esta página en: